Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación Cultural Arrincadeira presenta un ano máis as Xornadas da Historia de Riotorto

 Riotorto, 16 de decembro, 2019. A Asociación Cultural Arrincadeira presenta un ano máis as Xornadas da Historia de Riotorto, que chegan xa á súa novena edición. Desta vez fixarémonos no que hai debaixo dos nosos pés, centrándonos na xeoloxía e na minaría.

O sábado 21, ás 19:30, presentaremos o libro correspondente ás VII Xornadas, que versaron sobre a historia dos segadores que foron a Castela e mais a represión franquista. A continuación terá lugar unha conferencia de Francisco Canosa Martínez, doutor en xeoloxía, que levará por título “Xeoloxía do concello de Riotorto”.

O domingo teremos unha visita guiada á mina romana de Val, saíndo ás 15:30 desde o Centro Sociocultural Avelino Díaz. Alí Iván Álvarez Merayo falará sobre “A minaría aurífera romana: a mina de Val”

Exit mobile version