Site icon Crónica3.com A Mariña

A axencia de viaxes Augasantas organiza unha excursión a Vigo, para ver o seu alumeado de Nadal, e a cidade portuguesa de Valença do Minho. Será o día 21 deste mes, sábado

A actividade inclúe o desprazamento en autocar, almorzo en ruta, comida e seguro de viaxe. Os participantes primeiro visitarán Valença do Minho, onde verán as diferentes actividades de Nadal que hai nesa cidade e comerán. Pola tarde noite estarán en Vigo para percorrer as rúas onde están os principais adornos do seu famoso alumeado de Nadal. O prezo é de 45 euros por persoa. Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas ou ben chamar aos teléfonos 676.445.465 ou 982.877.470.

Exit mobile version