Site icon Crónica3.com A Mariña

A concelleria de patrimonio de Foz anuncia a prórroga da mostra Arquivo Walter Ebeling, exposición fotográfica

 Foz, 12 decembro 2019. Para conmemorar o Día Mundial do Patrimonio, a Concellería de Patrimonio do Concello de Foz, en colaboración co Museo Provincial de Lugo, exhibiu en novembro esta meritoria exposición etnográfica. Esta mostra, pretendía achegarlles a todos os curiosos e interesados na memoria do noso patrimonio etnográfico uns valiosísimos documentos gráficos, únicos, nos que se reflicte a vida dos nosos inmediatos devanceiros, entre os anos 1928 e 1933. A Concellería de Patrimonio do Concello de Foz, quixo poñer en valor o patrimonio etnográfico, natural, histórico e lingüístico do noso Concello e por extensión do noso país, porque temos unha lingua, entorno natural, tradicións e patrimonio histórico-artístico que ben merecen ser celebrados. As actividades para a súa posta en valor rematan mantendo esta exposición, que abrangue cincocentas corenta fotografías. Prevista a clausura en decembro, a Concellería de Patrimonio considera de interese a sua prórroga, facendoa cadrar co final do ano das Letras Galegas 2019 adicado a Antonio Fraguas etnógrafo, director e presidente do Museo do Pobo Galego que dedicou a vida ao estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención á antropoloxía. Invitamos a cantos teñan interese no noso patrimonio a achegarse ao Cenima en Foz até o 20 de decembro en horario de mañán e disfrutar dos derradeiros días desta mostra.

Exit mobile version