Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación apoia unha nova edición dos premios Son Muller

A Deputada de Turismo, Pilar García Porto, e a Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro García, participaron este venres, no auditorio do Vello Cárcere de Lugo, na gala de entrega dos Premios Son Muller 2019, organizados pola Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo. Estes premios, cos que a Deputación colabora cunha achega económica de 3.500 euros, contribúen a visibilizar e a poñer en valor o traballo das mulleres da provincia para o desenvolvemento económico e a creación de emprego.

Exit mobile version