Site icon Crónica3.com A Mariña

A I Proba popular de Orientación a pé Concello de Lourenzá, que se celebra este domingo, contará cun centenar de participantes

 Lourenzá, 19 de decembro de 2019. Un centenar de participantes daranse cita este domingo, día 22, en Lourenzá para disputar a I Proba Popular de Orientación a pé Concello de Lourenzá, organizada conxuntamente polo Club Atletismo Lourenzá e o Club Fluvial de Lugo.
O inicio deste evento deportivo terá lugar ás 10:30 horas e o peche de meta será ás 13:45 horas. Haberá tres categorías: Iniciación Curta (menores de 10 anos, con 12 balizas), Iniciación Longa (para maiores de 10 anos, con 14 balizas), e avanzada/adestro federados (con 22 balizas). Ás 10:00 horas, previamente á saída, daránselles instrucións aos corredores noveis nas probas de orientación. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados en cada categoría.

Exit mobile version