Asemesmo, durante os dous días permanecerá instalada unha Gran Bola de Neve a modo de ‘photocall’ onde poder realizar as fotos de Nadal no entorno do Castelo do Castro de Ouro.
Ademais o luns 23 ás 18.30 horas terá lugar a entrega de premios e diplomas do XVII Concurso de Postais de Nadal organizado pola Biblioteca Municipal de Alfoz, na que coñeceremos ás tres postais gañadoras que serán reproducidas como felicitación oficial do Concello de Alfoz.