Site icon Crónica3.com A Mariña

Ampla representación socialista na concentración de Alcoa en Lugo

 Lugo, 13 de decembro de 2019. A Secretaria Provincial Socialista e Deputada Autonómica, Patricia Otero, o Presidente da Deputación, José Tomé Roca, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañados de Alcaldes da Mariña Lucense, así como senadores, deputados provincias, autonómicos e estatais, voceiros e militantes do PSdeG-PSOE participarán na concentración de Alcoa que celebra mañá en Lugo, e na que os traballadores reivindican un prezo xusto da enerxía.

Otero emprazou ao Goberno de Feijóo “a traballar por un plan industrial para a provincia. O PP acaba de presentar os orzamentos que supoñen un montante total de 11.291,18 millóns de euros, dos cales hai cero euros para Alcoa”, dixo.
Ademais lembrou que o Grupo Socialista presentou unha emenda aos propios orzamentos, coas que demanda 6 millóns de euros para o reforzo das industrias electointesivas.

A secretaria provincial remarcou que “dende o PSdeG-PSOE vamos a seguir apoiando un prezo xusto da enerxía, e sobre todo, reivindicando o mantemento dos postos de traballo e a viabilidade desta empresa que é vital para o futuro de toda a provincia de Lugo”.

Exit mobile version