Site icon Crónica3.com A Mariña

Bando do Concello de Viveiro por fenómenos metereolóxicos adversos por costeiros

 Viveiro, 20 de decembro de 2019. Tendo en conta que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 126/71 GAL_C_C_RN_TT, emitido o día 20/12/2019 ás 11:22 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso LARANXA por COSTEIROS que acadará o nivel LARANXA na madrugada do día 21 en todo o litoral da Comunidade Autónoma de Galicia por mar combinada do W ata 8 metros e ventos do W de ata forza 9.

Este fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA pasará a nivel VERMELLO e durará no caso do litoral da provincia de Lugo entre outros lugares ata o mediodía do día 22. Poderán acadarse ventos do W e SW forza 10 e mar combinada do W e SW de 9 metros.

A partires do fin do nivel VERMELLO de alerta, pasarase a nivel LARANXA en todo o litoral.

Tendo en conta que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunica que, en previsión destes feitos, se deben adoptar as medidas preventivas necesarias ante as citadas prediccións metereolóxicas e no seu caso alertar ou mobilizar os medios e recursos dispoñibles.

Esta alcaldía ditou un bando para facer saber que dende o día 21 de decembro de 2019, ás 00:00 horas, e en tanto se manteñan as alertas que afecten a este concello por fenómenos metereolóxicos adversos, queda prohibida a realización de calquera tipo de actividade ou evento ao aire libre en todo o termo municipal, procedéndose, así mesmo, ao peche do parque Pernas Peón e ao peche do belén a tamaño natural “Viveiro ante o berce”.

A alcaldesa
María Loureiro García

Exit mobile version