Site icon Crónica3.com A Mariña

Copa: Valdetires 0-2 Pescados Rubén BFSF

 Burela, 6 de decembro, 2019. Tras a vitoria de hoxe en Copa da Raíña fronte a Valdetires Ferrol FSF (0-2), o Pescados Rubén Burela FS xa pensa outra vez en liga. Esta noite as Guerreiras subiranse ao autobús para medirse o domingo ao UA Alicante (12.00 horas). A cita poderá seguirse en directo por STREAMING. ENLACE

“Imos por todas, concentradas e con ganas de recuperar os tres puntos” explicaba a coruñesa Luci, deixando atrás o resultado adverso do Clásico para dar o máximo nesta nova cita: “Esperamos un rival moi forte; reforzou ben o cadro sólido que tiña. Custoulle entrar na liga, pero agora xa está tal e como esperabamos, en racha de vitorias e bos resultados” explicaba a 19 laranxa das universitarias, que defenden as sexta praza con 21 puntos e encadean seis xornadas triunfales.

No podio, o Futsi defenderá o liderado (36 puntos) en derbi fronte ao Alcorcón, cuarto clasificado (26), e Ourense Envialia, terceiro (29), medirase ao Penya Esplugues, sétimo (19 puntos).

Sen descanso ao acabar o partido, Luci terá que facer as maletas para reunirse coa Selección Española, xunto ás tamén Guerreiras Peque, Jenny Lores e Ana Romero. “Non o esperaba. É unha alegría inmensa que Clàudia pense en min outra vez. Ademais síntome doblemente afortunada porque terei a oportunidade de xogar con España por primeira vez en Galicia” así se mostraba a xogadora burelista tras o chamamento da Vermella o domingo pasado. As catro mariñás sumarán aos seus dous partidos en tres días, outros dous, en Marín o martes (20.00 horas) e Burela o mércores (21.00 horas). Tamén será unha semana internacional para Jenny, que defenderá a Portugal fronte a Rusia en Albufeira.

Todos os efectivos laranxas estarán dispoñibles para a xornada 13, a excepción de Cris Pérez, na recta final da súa recuperación xunto a Comarcal A Fervenza, e Cilene, inmersa na concentración do Brasil para Copa América (13-20 de decembro).

Billete para oitavos

Os goles de Luci e Jenny Lores selaron o billete para oitavos da Copa de SM A Raíña esta mañá no pavillón ferrolán de Esteiro, ante o Valdetires FSF, de Segunda División. As burelistas internacionais anotaron nos minutos 2 e 17 para garantir o primeiro paso nesta competición que cambia de formato.

Ficha técnica

Valdetires Ferrol FSF: Carmen, Sheila, Lidia, Paula, Ainhoa, cinco inicial; tamén xogaron Diana, Suki, Erika

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Peque, Bea Mateos, Luci, cinco inicial; tamén xogaron Lara Balseiro, Jenny Lores, Ale de Paz, Jenny, Jane, Ana Romero

Goles: 0-1, minuto 2, Luci; 0-2, minuto 17, Jenny Lores

Árbitros: Salina Barcia // Amor Vizoso. Por Valdetires amarela a Ainhoa (minuto 31). Por Burela amarela a Bea Mateos (minuto 14).

Incidencias: Partido correspondente a dezaseisavos de Copa de SM A Raíña disputado no pavillón de Esteiro (Ferrol).

Exit mobile version