Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel Vega cifra a colaboración da Xunta con Acisa no último ano en 50.000 euros

 Ribadeo, 13 de decembro, 2019. O voceiro do PP de Ribadeo, Daniel Vega, cifra a colaboración da Xunta de Galicia con Acisa no último ano en 50.000 euros. A última axuda recibida, segundo a punta o tamén deputado autonómico, é de 4.000 euros e destinarase á adquisición de 400 bolsas de papel biodegradable.
En total, esta achega supón o 75% do importe subvencionable e súmase a outras concedidas con anterioridade ata chegar ao montante indicado. Encádrase no programa coñecido como Rede de Comercio e Mercados no Camiño de Santiago que integra a pequenos negocios de 138 municipios.
O popular pon en valor así a vontade colaboradora da administración autonómica que “demostra ser tamén un aliado para o comercio minorista e que tanto apoio necesita tamén para garantir a súa supervivencia e produtividade”. E é que esta orde de axudas ten como obxectivo facer máis atractivo os establecementos, mellorando así a súa competitividade.
Dende a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autonómos deste municipio, que preside Francisco Iriarte, non dubidan en amosar a súa satisfacción por esta colaboración e adiantan que seguirán traballando para impulsar e consolidar o comercio local, facéndoo cada vez máis rendible.

Exit mobile version