
O seu horario é de luns a venres de 10:00 a 13.00 e de 17:00 a 20:00 horas, excepto do 26 de decembro ao 3 de xaneiro datas nas que o horario será de 9.00 a 14:00 horas. Esta exposición está organizada pola Asamblea de Cooperación pola Paz e financiada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade do que forma parte o Concello de Burela. Con ela inténtase mostrar a importancia da auga para o bo desenvolvemento dos países así como fomentar e sensibilizar a cooperación.