Site icon Crónica3.com A Mariña

Dúas alumnas do IES de Foz realizan unha estancia formativa en Italia

 Foz, 10 de decembro de 2019. Dúas alumnas do Ciclo Superior de Dirección de Cociña do IES de Foz, Belén Poveda e Carlota Cuevas, están realizando unha estancia formativa  en Italia dende setembro.

A vicedirectora e profesora coordinadora de proxectos europeos do IES de Foz, Leticia Maseda, explica que “este ano é o primeiro que o IES de Foz dispón da modalidade de becas KA103, para ensino superior. Os alumnos poden ir a facer prácticas ao estranxeiro durante un mínimo de dous meses”.

Leticia Maseda engade que “as alumnas do Ciclo Superior de Dirección de Cociña Carlota Cuevas e Belén Poveda decidiron ir a Italia, onde están traballando con María Antonietta Santoro, coñecida cociñeira de Basilicata que vén de abrir un novo restaurante en Matera: Osteria Al Becco della Civetta. María Antonietta veu ao IES de Foz en 2018 a impartir formación a profesorado e alumnado e froito desta colaboración xurdiu unha  relación de amizade que redunda en colaboracións de prácticas. As alumnas tiñan concedida unha beca para dous meses, pero debido á súa boa integración decidiron quedar seis meses máis pola súa conta”.

Exit mobile version