Site icon Crónica3.com A Mariña

Escolares de Burela protagonistas do primeiro congreso infantil “Conservemos o noso Mar”

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Burela, 6 de decembro, 2019. A vila costeira de Burel acolle a próxima semana a celebración do primeiro Congreso Nacional de Artes de Pesca e do primeiro Congreso Infantil “Conservemos o noso Mar”, que terán lugar entre o xoves 12 e o venres 13 de decembro.
O xoves 12 de decembro pola mañá (de 9:00h a 13:30h) celebrarase na Casa da Cultura de Burela o Congreso Infantil “Conservemos o noso Mar”, no que alumnos e alumnas dos diferentes centros educativos de Burela concentrarán todo o protagonismo da xornada.
Tra-la intervención da doutora en Historia Contemporánea e profesora do IES Monte Castelo, Herminia Pernas Oroza, “Unha ollada á contribución histórica do porto de Burela á pesca sostible”, os alumnos exporán os traballos que levan realizando nas últimas semanas sobre as prácticas respectuosas co medio mariño.
Alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme, CEIP Plurilingüe Vista Alegre, IES Perdouro e IES Monte Castelo presentarán os traballos realizados no marco do concurso “O Mar Luce”. E antes do peche do Congreso proxectarase a curta “Todos os días o mar”, do programa ‘Vidas Mariñeiras’.
Ambos Congresos, promovidos pola Fundación EXPOMAR, son actividades que se desenvolven dentro do proxecto “Centro de Coñecemento do Patrimonio Cultural Pesqueiro”, promovido pola Fundación EXPOMAR e financiado polo GALP A Mariña Ortegal, teñen como obxectivo a recuperación e visibilización do patrimonio e cultura mariñeira.
Outras accións que se desenvolven neste proxecto son os ciclos de charlas que xa tiveron lugar nos centros educativos por parte de profesionais do mar, nas que se falou aos rapaces sobre a vida no mar, o deseño de catálogos e repositorios sobre as artes de pesca e a fauna e flora mariña.

Exit mobile version