Site icon Crónica3.com A Mariña

Esta fin de semana celébrase en Burela o X Mercado de Nadal, que organizan unha ducia de asociacións da localidade coa colaboración do Concello, co obxectivo é recadar fondos para estes colectivos

 Burela, 12 de decembro de 2019. Esta fin de semana, os días 14 e 15 de decembro, celébrase en Burela o X Mercado de Nadal, que organizan unha ducia de asociacións da localidade coa colaboración do Concello. O obxectivo é recadar fondos para estes colectivos. Haberá postos de libros, antigüidades, etc… O concelleiro de Cultura, José Díaz, fai unha chamada á solidariedade.
O edil anuncia que “este fin de semana temos o rastrillo solidario do Nadal, que é a décima edición. Participan varias asociacións de Burela que poñen produtos na praza de abastos, de todo tipo de cousas, obxectos, libros, antigüidades, roupa, un pouco de todo, e todas as ventas son en beneficio de cada unha das asociacións”.
José Díaz sinalou que “sempre está moi concorrido este mercadiño, esperemos que este ano tamén. Queremos agradecerlles ás asociacións a súa participación, van estar aí durante sábado e domingo, a partir das dez da mañá ata as nove aproximadamente da noite. A ver se todos colaboramos un pouquiño, encontramos por aí algún pequeno tesouro e de paso axudámoslle a todas estas asociacións que se moven e que traballan en Burela sen ter ningún tipo de beneficio e a favor de diferentes causas. Así que esperamos que funcione ben e que haxa moita participación da xente no mercadiño”.

Exit mobile version