Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito dos talleres infantís celebrados os sábados de novembro no hotel Vila do Val, en Ferreira do Valadouro

A directora do establecemento, María Hermida, explica que “os nenos llo pasaron fenomenal cos talleres que organizamos o pasado mes de novembro. Gozaron ao grande pintando, facendo adornos do Nadal ou manualidades con materiais reciclados. E o mesmo ocorreu no taller de repostería”. Hermida lembra que “o que quixemos foi ofrecer unha alternativa de lecer aos máis pequenos durante as xornadas dos sábados, pola mañá e pola tarde, e foron moitos os que quixeron estar connosco. Quero dar as grazas aos pais que trouxeron aos seus nenos ao Vila do Val”.

Exit mobile version