Site icon Crónica3.com A Mariña

Humor de Trípode en Adelán

O Grupo Humorístico Trípode leva 7 anos dedicándose a facer rir por eses mundos de Deus co seu teatro interactivo e afeccionado. En Nadal sempre programa algunhas actuacións para alegrarlle a vida á xente. Este ano visitou a parroquia alfocense de Adelán, invitado pola súa Asociación de Veciños o día 28 de decembro. Alí, na antiga escola feminina da parroquia, actual sé da asociación, cun cheo total, representaron a súa obra “Cousas de vellos”, pasando todos un agradable rato, entre bromas e risas.

Exit mobile version