A popular sinalou tamén que “os cursos de cociña contan habitualmente con moita afluencia e, nesta ocasión, enriqueceuse ademais cunha charla sobre nutrición, que pola súa relación coa saúde, é un tema moi demandado nos últimos tempos”.
Saiz engadiu que “os populares de Ribadeo apostamos por seguir impulsando a Escola de Capacitación Agraria de Pedro Murias” e, ao mesmo tempo, “pretendemos que as administracións públicas abran as portas das súas instalacións ás entidades asociativas que as precisen para o desenvolvemento de distintas iniciativas coma esta”.
Finalmente, dende o PP ribadense queren agradecer tamén aos Cociñeiros da Mariña e a Manduca a súa colaboración con estas actividades de dinamización social que baixo a organización dos colectivos de mulleres rurais e amas de casa de Ribadeo, permitiu poñer en valor os distintos produtos da nosa gastronomía e achegar coñecementos sobre nutrición ás persoas participantes.