Site icon Crónica3.com A Mariña

Nos vindeiros días acometerase a adaptación das frecuencias de TDT en once municipios da provincia

 Lugo, 11 de decembro de 2019. Durante estes días e ata o vindeiro mércores 18 vaise acometer a adaptación de frecuencias da televisión dixital terrestre en once concellos da provincia de Lugo. Este proceso de actuacións para a liberación do segundo dividendo dixital está regulamentado polo Real Decreto 391/2019 e coordinado polo Ministerio de Economía e Empresa, e ten como obxecto a futura implantación da tecnoloxía 5G na banda de 700 MHz, o que permitirá un mellor desenvolvemento da banda larga no eido rural.

Este proceso afecta na provincia de Lugo á emisión da televisión dixital terrestre do múltiple autonómico, coas canles da Corporación da Radio e Televisión de Galicia, e tamén do múltiple MPE3, coas canles de Mediaset Telecinco, que pasan a emitir nas novas frecuencias.

Os operadores de televisión, e en concreto as empresas que difunden as canles de televisión Retegal e Cellnex, deberán realizar os cambios de frecuencia nos centros de difusión da televisión. Posteriormente, os veciños e veciñas terán que resintonizar os televisores para continuar recibindo o sinal das canles mencionadas.

A planificación prevista de actuacións en centros TDT ata final de 2019 é a seguinte:

Concello de Cervantes:
Fabal 10/12/2019
Vilaspasantes 10/12/2019
Degrada 11/12/2019

Concello de Navia de Suarna:
Vilor 11/12/2019

Concello de O Incio:
O Incio 11/12/2019

Concello de O Vicedo:
Mosende 12/12/2019

Concello de Ourol:
Fabás 12/12/2019

Concello de Castro de Rei
Castro de Rei 12/12/2019

Concello de Quiroga:
Bendilló 13/12/2019
San Pedro de Lor 13/12/2019

Concello de Riotorto:
Orrea 17/12/2019

Concello de A Pastoriza:
A Pastoriza 17/12/2019

Concello de Meira:
Meira 18/12/2019

Concello de Ribeira de Piquín:
Riberia de Piquín 18/12/2019

As actuacións nos centros de extensión de cobertura da televisión dixital son competencia dos concellos titulares e consisten, basicamente, no cambio e axuste dos módulos transmisores para o funcionamento nas novas frecuencias asignadas polo Ministerio de Economía e Empresa.

Os veciños afectados en cada lugar deberán resintonizar os seus receptores de TDT e, no caso de vivendas en edificios de varios pisos, terán que poñerse en contacto co administrador de fincas ou o presidente da comunidade de veciños para contratar un instalador autorizado polo Ministerio para este tipo de instalacións. O Goberno central habilita unha liña de axudas para estes casos, que na provincia de Lugo será ata un máximo de 250 euros por cabeceira de recepción de televisión.

A adaptación dos centros de difusión da provincia de Lugo completarase antes do 14 de febreiro salvo nos concellos da zona sur (Chantada, O Saviñao, Bóveda, A Pobra de Brollón, Carballedo, Pantón, Monforte de Lemos e Sober), cuxas adaptacións irán parellas ás da área xeográfica de Ourense, prevista para antes de xullo de 2020.

A Xunta mantén actualizada a información sobre este proceso na web www.tdtgalicia.gal.

Exit mobile version