Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova degustación de merluza do pincho de Burela nos mercados tradicionais de Madrid

 Burela, 11 de decembro, 2019. A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo continúa esta semana coa campaña de promoción da “Merluza do Pincho de Burela” nos principais mercados tradicionais de Madrid.
O Mercado de Chamartín (Calle Bolivia, 9) acollerá este xoves 12 de decembro a partir das 12h o terceiro showcooking da Pescada do Pincho de Burela, no que se poderán degustar varias receitas de pescada. Nesta ocasión, o chef MastroMatteo ofrecerá dúas novas receitas: Pescada do Pincho de Burela en salsa americana e Pescada do Pincho de Burela de curry vermello; das que se ofrecerán gratuítamente unhas 350 racións entre o público del mercado.
Esta acción, que conta coa colaboración de Armadores de Burela, englóbase dentro das accións de promoción da OPP Lugo incluídas no seu plan de produción e comercialización anual e contan coa cofinanciación da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo e Marítimo da Pesca.

Exit mobile version