Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG alerta que continúa o perigo nas edificacións ruinosas de Covas

 Viveiro, 8 de decembro, 2019. Hai dous anos, o 29 de decembro do 2017, no BNG de Viveiro rexistrábamos no Concello un escrito dirixido ao goberno do PSOE esixindo que adoptasen medidas preventivas de seguridade e salubridade ao longo de todo o perímetro dos edificios Seiramar (antigo Hotel Cociña) e o antigo Serra, que presentaban e presentan un estado lamentábel cun deterioro moi avanzado para, evitar así, que lle ocorra unha desgraza a calquer viandante que pase por esta zona.

O PSOE, que nos contestou vía prensa, negouse rotundamente a actuar e a dicir, básicamente, que fixeran todo o que puideron, mais desde o BNG pensamos que a integridade física debe de ser o primordial para un Concello. Ante a gravidade da situación, convocábamos un “balizado simbólico”, reivindicación para facer de novo fincapé na falta de medidas preventivas onde acudiron decenas de veciños e veciñas para exixir ao Concello, que garanta a seguridade dos viandantes dado o risco de desprendementos neste tramo.

Mais por desgraza nada mudou en dous anos, polo que agora que volvemos terrvoz no concello, preguntaremos no vindeiro pleno qué requirimentos ou accións levou a cabo o Concello para pórlle remedio a esta situación.

Exit mobile version