Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de viveiro urxe a limpeza do río Fontecova a Augas de Galicia

sdr

Viveiro, 14 de decembro, 2019. Despois dun ano da fatídica riada de Xunqueira, aínda se está a decidir cal é a mellor solución para o barrio de Xunqueira. Dende o BNG apoiamos a opción respaldada polxs veciñxs que é tamén a mellor valorada polos técnicos de Augas, dándolle a máxima puntuación no anteproxecto que presentaron.

Míriam Bermúdez apunta: “desde o BNG propúxose na reunión de voceiros do pasado xoves, solicitar a Augas de Galiza un novo proxecto máis detallado no que se aborde máis especificamente, a solución escollida incluíndo todas as actuacións necesarias, independentemente de quén sexan competencia, para a sinatura dun convenio de colaboración entre as tres administracións (Xunta, Deputación e Concello) para financiar o custo total do proxecto de rehabilitación a partes iguais, dado que o Concello non está en condicións de asumir o elevado custe que supoñen as obras que se lle encargan, tal e como pretende facer o goberno de Feixóo, sendo estas obras: as demolicións das casas en estado ruinoso á beira do rio, o traslado do lavadoiro de Xunqueira e o arranxo das pontes da Carreira.

“Tendo en conta que estamos na fase dun anteproxecto, e que a redacción e posterior aprobación se alongará no tempo, urximos a Augas de Galiza a que realice unha limpeza exhaustiva da canle do río na que actualmente hai eucaliptos atravesados que fan de presa natural agravando a situación de darse intensos chuvascos. Por todo iso, dentro da competencia de Augas de Galiza, esiximos que fagan o que lles corresponde, porque nin limpan nin deixan limpar”, remarcou a concelleira nacionalista.

Por outra banda é imprescindíbel tamén, que dende Medio Rural acaten as súas competencias, e fagan controis máis exhaustivos nas cortas que se fan preto dos cauces, de cara a que estás zona queden nas condicións apropiadas despois dos traballos forestais.

Exit mobile version