Site icon Crónica3.com A Mariña

O mercado de Chamartín acolleu unha nova degustación de pescada do pincho de Burela

Burela, 12 de decembro, 2019. Este xoves 12 de decembro celebrouse a terceira xornada da campaña de promoción da “Merluza do Pincho de Burela” que a Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo realizou nos principais mercados tradicionais de Madrid.
Nesta ocasión foi o madrileño Mercado de Chamartín onde tivo lugar o terceiro showcooking da Pescada do Pincho de Burela, no que se puideron degustar varias receitas de pescada. A chef Soledad Benítez, de MastroMatteo, preparou estas dúas receitas: Pescada do Pincho de Burela en salsa americana e Pescada do Pincho de Burela de curry vermello; das que se ofreceron gratuítamente unhas 350 racións entre o público do mercado.
Deste modo finaliza a rolda de showcooking da Pescada do Pincho de Burela que a OPP Lugo lanzau nos mercados tradicionais madrileños, apoiada tamén por unha campaña publicitaria en diferentes medios da capital para promocionar a calidade e a orixe da Merluza de Burela.
Esta acción, que conta coa colaboración de Armadores de Burela, englóbase dentro das accións de promoción da OPP Lugo incluídas no seu plan de produción e comercialización anual e contan coa cofinanciación da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo e Marítimo da Pesca.

Exit mobile version