Site icon Crónica3.com A Mariña

O Observatorio da Mariña pola Igualdade convida ao relatorio “Historia da Lenzaría no Corpo Capital”

A Mariña, 11 de decembro, 2109. O OMI continua a súa programación de actividades no mes decembro, nesta ocasión co relatorio “Historia da Lenzaría no Corpo Capital” da mán de Clarissa Lorenz, estilista, docente e investigadora que nos visita dende Sao Paulo. E que terá lugar este sábado 14 de decembro ás 19.00h. na Sala de Conferencias de Burela (Antiga Biblioteca).
Con máis de 15 anos de experiencia no traballo con lenzaría, cuestionando as súas relacións co corpo, Clarissa Lorenz preséntanos na súa investigación unha breve historia do corpo baixo a historia da lenzaría, a roupa interior como instrumento de natureza machista nas sociedades e as estruturas que se empregan para a deformación do corpo entre outras cuestións.
Unha oportunidade única para coñecer a traxectoria da roupa interior no corpo da muller como ferramenta de dominación das mulleres.

Exit mobile version