Site icon Crónica3.com A Mariña

O xurado do III Certame de Teatro Concello de Lourenzá elixiu os nominados para os premios. Entregaranse na gala que se celebrará o 14 deste mes

 Lourenzá, 6 de decembro de 2019. O xurado do III Certame de Teatro Concello de Lourenzá, formado por Ana María Díaz Díaz, Miguel Gavín Sánchez, Javier Huertas Otero, María Cruz Valea López e presidido polo concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, deu a coñecer as obras, actrices e actores que optan aos distintos premios que se concederán na gala que se celebrará o día 14 deste mes, sábado, ás 20 horas na carpa situada no Campo dos Bolos. Ao remate da gala o actor Sergio Pazos interpretará o monólogo Rebento se non o conto. A entrada é gratuíta.

Os elixidos son estes:

PREMIO CONDE SANTO Á MELLOR REPRESENTACIÓN:

A última cea, de Fauna 113
Fuga, de Gargallada Teatro
A Lola, de Avelaíña Teatro

PREMIO LOURENZO AO MELLOR ACTOR:

Xulio Leal, de Avelaíña Teatro
Jorge Castro, de Touporroutou
Lalo Santos, de Gargallada Teatro

PREMIO ANA Á MELLOR ACTRIZ:

Paz Quiroga, de Touporroutou
Iris Darriba, de Fauna 113
Reyes Limia, de Gargallada Teatro

PREMIO Á MELLOR POSTA EN ESCENA:

Comedia Bífida, de Touporroutou
Un! Dous! Tres!, de Carauta Teatro
A última cea, de Fauna 113

PREMIO AO MELLOR ACTOR DE REPARTO:

Pablo Rodríguez, de Fauna 113
Miguel Anxo Martín, de Avelaíña Teatro
Manuel Caramés, de Gargallada Teatro

PREMIO Á MELLOR ACTRIZ DE REPARTO:

Paula Díaz, de Carauta Teatro
Ana Casal, de Fauna 113
Aurora Fernández, de Gargallada Teatro

PREMIO ESPECIAL DO PÚBLICO:

Fuga, de Gargallada Teatro
A estraña familia, de Martabelas Teatro
Un! Dous! Tres!, de Carauta Teatro

Ademais o xurado decidiu establecer un Premio especial á orixinalidade do atrezzo e vestiario, que se coñecerá o día da gala.

Exit mobile version