Na iniciativa do grupo municipal que ten por voceiro a Óscar Rodríguez faise constar o seguinte: «Tanto a veciñanza como os demais usuarios habituais do camiño de acceso a igrexa de Covas fan chegar ao PP queixas pola situación lamentable e de abandono no que se atopa este acceso. Trátase dun camiño usado por moita xente, tanto a que acude ao templo a actos da Igrexa como polos que o utilizan como vía de paso ou para pasear».
Na actualidade, o camiño está cheo de fochancas que, cando chove, están cheas de auga. Para os peóns e incómodo e incluso perigoso camiñar por esta vía.
Os edís populares solicitan que o Concello realice as xestións necesarias para poñer o camiño nas condicións adecuadas, de xeito que sexa cómodo e seguro camiñar por el.