Site icon Crónica3.com A Mariña

Que pasou co suposto proxecto do parque Pernas Peón?, pregunta o BNG

dsr

Viveiro, 7 de decembro, 2019. O parque Pernas Peón foi durante moitos anos un espazo verde de encontro para varias xeracións de Viveiro, que deixou de selo pola falta de políticas municipais medioambientais como polas actuacións realizadas sen ningún tipo de estudo nin planificación por parte do goberno do PSOE.

Desde o mes de febreiro levan agardando xs veciñxs de Viveiro para coñecer o suposto proxecto de rehabilitación do Parque Pernas Peón, que tanto se preocupou o PSOE de Viveiro en anuncialo a bombo e platillo por prensa. Anuncio que, casualmente, fixeron o día despois da concentración que organizamos no Pernas Peón esixindo a súa rehabilitación como parque.

No vindeiro pleno, preguntaremos si existe tal proxecto, quen o elaborou e de cando data. De existir, pediremos que o expoñan publicamente e que fagan partícipe á veciñanza da recuperación desta zona tan recoñecida por calquer viveirense.

Tamén aproveitamos para preguntar no pleno do día 11, cal é o estado do convenio asinado polos concellos de Viveiro, Alfoz e O Valadouro para pór en marcha un obradoiro de emprego para un total de 20 persoas, un programa dirixido á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas desempregadas.

Exit mobile version