Así, con forza, comeza unha gran semana na que os equipos de Primeira volven a Vista Alegre, con boas sensacións, ante Palma Futsal (venres 13, xornada 13, 20.30 horas) en Masculino e UCAM ElPozo Murcia (sábado 14, jornada 14, 18.30 horas) en Feminino. A Bomboneira vivirá unha semana de luxo, co mellor fútbol sala, que se estreará xa o mércores co amigable entre a Selección Española Feminina e Xapón (21.00 horas), todo un premio para a gran devoción que sente A Mariña polo fútbol sala, que ademais poderá gozar da presenza de catro xogadoras burelistas defendendo á Vermella, Peque, Jenny Lores, Ana Romero e Luci. Ambos os combinados xa se verán as caras mañá en Marín (20.00 horas). Os dous partidos poderán seguirse en directo vía streaming a través de www.sefutbol.com.
A venda anticipada de entradas estará dispoñible na sede do Pescados Rubén Burela FS ata o mércores ás 14.00 horas. A taquilla de Vista Alegre abrirase ás 20.00 horas.
Horario de atención ao público: Luns a xoves 9.00-14.00 //16.00-19.00
Prezo de entradas
0-5 anos: Gratuíto (acceso con invitación)
6-16 anos: 2 euros
Desde 17 anos: 5 euros