Ana Ermida explicou que se trata dunha maquinaria “básica para o traballo do persoal que se dedica ao mantemento e adecementamento de espazos e bens municipais”. “É fundamental que as persoas que realizan estas labores conten con ferramentas axeitadas para traballar de xeito eficiente”, concluíu Ermida. Na sinatura do convenio tamén estivo presente o concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural, Dámaso Ratoeira.