Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concellaría de Igualdade de Ribadeo organiza un obradoiro sobre violencia sexual que se celebrará este mércores ás 11:00 horas no Teatro

 Ribadeo, 13 de xaneiro de 2020. A Concellaría de Igualdade organiza un obradoiro sobre violencia sexual que se celebrará este mércores, 15 de xaneiro, ás 11:00 horas no Teatro.
A actividade leva por título Como vivir sen violencia sexual entre a pornografía e a prostitución e está destinada ao alumnado dos institutos e dos ciclos de formación profesional.
O taller será impartido por Amelia Tiganus, que foi captada en Romanía cando só tiña 17 anos e introducida nunha rede de prostitución onde, durante cinco anos, foi explotada en máis de corenta prostíbulos da península ibérica. Dende que conseguiu saír do sistema prostitucional (como ela o denomina), dedícase a impartir talleres de sensibilización e reflexión a cerca da violencia sexual nos nosos días, ligada á situación de poder da pornografía e á falta de educación afectivo sexual na xuventude, que é suplida na maioría dos casos coa pornografía, aprendendo así dende idades temperás patróns disfuncionais das relacións afectivas e sexuais.

Exit mobile version