Pola súa banda, o Concello debe aportar os permisos e autorizacións necesarios e, unha vez rematados os traballos, encargarase tamén da conservación e o mantemento dos tramos arranxados.
Con este investimento, a Deputación mellorará as comunicacións de Mondoñedo con obras na parroquia dos Remedios, nas pistas dos núcleos de Curuxeiras con rego asfáltico e tamén en Cesuras co formigonado da pista. Haberá ademais novas melloras na parroquia de Viloalle, na curva de San Pedro e nos camiños de Cabana e Vilar. Así mesmo, na parroquia do Carme ampliarase o vial no Couto de Outeiro no seu enlace coa estrada LU-124.
Este acordo responde á vontade da Deputación de Lugo de impulsar a cooperación cos concellos da provincia de todas as cores políticas para que poidan ofrecer servizos e infraestruturas públicos de calidade e eficientes aos seus veciños e veciñas. Esta cooperación verase impulsada co Plan Único 2020, que contará cun investimento de algo máis de 20M€.