Site icon Crónica3.com A Mariña

A música e o teatro para todas as idades protagonizan a programación trimestral do teatro Pastor Díaz de Viveiro

 Viveiro, 30 de xaneiro de 2020. O Concello de Viveiro xa ten lista a programación cultural para o Teatro Pastor Díaz nos meses de febreiro, marzo e maio, co protagonismo da música e o teatro para todas as idades.
Nas próximas semanas pasarán polo escenario do Pastor Díaz, Redrum Teatro, con ‘Idiota’; Mamá Cabra, con ‘A Fraga do meu Avó’; A Banda da Loba para presentar o seu novo disco; Teatro Noroeste, con ‘As virxes Salvaxes’, ou Teatro do Atlántico, con ‘Dúas donas que bailan’.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, lembra que “a cultura é un dos piares da nosa acción de goberno, a cultura é ocio pero tamén serve para pensar e reflexionar, estamos moi satisfeitas da programación dos próximos meses”.
Ademais das obras e actuacións musicais, as persoas que se acheguen ao Pastor Díaz nas próximas semanas poden ver tamén a exposición conmemorativa do centenario do teatro.

Exit mobile version