Site icon Crónica3.com A Mariña

A programación cultural de Burela para xaneiro inclúe cine, teatro e exposicións

 Burela, 7 de xaneiro de 2020. A programación cultural de Burela para xaneiro inclúe cine, teatro e exposicións.
Os domingos 12 e 26 continuará o ciclo Burela de Cine con películas infantís. Será ás 18:30 horas e a entrada é gratuíta.
O 17 de xaneiro haberá teatro en inglés para escolares de primaria coa actuación de Cia. OnStage Company. Desenvolverase en horario de mañá e está organizado por Afundación Obra Social Abanca.
Ademais ata o día 15 de xaneiro na Sala de Arte poderá visitarse a exposición Postais de Nadal. E do 20 ao 30 de xaneiro estará aberta a mostra de Manualidades dos Cursos de Muller.
Colaboran co Concello de Burela na organización destas actividades: a Xunta de Galicia, Falaredes, Buxiganga Proxecto Teatro Afeccionado 2019 e Deputación de Lugo.

Exit mobile version