Site icon Crónica3.com A Mariña

A programación cultural de Ribadeo contou co apoio da área de cultura da Deputación

Ribadeo, 20 de xaneiro de 2020. A Deputación Provincial de Lugo contribuíu a unha ampla axenda de actividades da programación cultural do Concello de Ribadeo, con concertos, proxeccións e representacións teatrais dirixidos a todos os públicos, segundo puxo de manifesto hoxe Pilar Otero Cabarcos.

A concelleira de Cultura dixo que “a área de Cultura da Deputación mantén á súa colaboración con asociacións e concellos para enriquecer a oferta cultural no ámbito local. En liña con este compromiso, a entidade provincial achegou 8.560 euros ao desenvolvemento da programación cultural do Concello de Ribadeo, cun cartel de actividades diverso e de calidade orientado a diferentes públicos”.

Otero contou que “a colaboración plasmouse en diferentes eventos ao longo do último trimestre, desde o concerto da compositora estadounidense Tonina Saputo ata o Ciclo de Músicas Comunais nas Parroquias e a proxección do filme O que arde, de Oliver Laxe, que tan boa acollida tivo entre o público ribadense”.

A edil ribadense subliñou que “o Concello de Ribadeo promove un continuo e diversificado conxunto de actividades de dinamización cultural artellado arredor de tres eixos comúns: atender os intereses e preferencias de público de todas as idades, manter unha oferta cultural en diferentes localizacións tanto na vila como nas parroquias e dar visibilidade a proxectos levados a cabo por persoas ou colectivos da comarca da Mariña”.

Exit mobile version