Site icon Crónica3.com A Mariña

A Vicepresidencia promoverá un acto de recoñecemento á Benedicta Sánchez, Premio Goya á mellor actriz revelación

Lugo, 26 de xaneiro de 2020. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo quere trasladar os parabéns a Benedicta Sánchez polo Premio Goya á mellor actriz revelación, que recibiu pola súa interpretación na película ‘O que arde’, dirixida por Oliver Laxe.

A Vicepresidencia promoverá un acto de recoñecemento á actriz do Corgo, que debutou no cinema aos 83 anos como coprotagonista do filme, no que encarna á nai dun pirómano que volve á casa materna tras saír do cárcere.

A cinta, gravada en Navia de Suarna e que coprotagoniza o fonsagradino Amador Arias, contou coa colaboración da Deputación de Lugo. ‘O que arde’é a película en galego máis vista en salas da historia e tamén foi o primeiro filme no noso idioma recoñecido no Festival de Cannes, certame no que obtivo o Premio do Xurado.

.

Exit mobile version