Site icon Crónica3.com A Mariña

As Pandereteiras da asociación Amigos da Gaita actuan este domingo pola tarde na escola de Remourelle

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo que “continuamos a apostar pola arte ao pé de rúa, coas persoas do noso arredor, aproveitando todos os espazos que temos e debemos conservar, poñendo en valor o noso patrimonio como as escolas e os teleclubs”. A edil sinalou que “así, rematamos o Ciclo Músicas Comunais nas Parroquias neste trimestre coa actuación das Pandereteiras da Asociación Cultural Amigos da Gaita este domingo, día 26, na escola de Remourelle. Animamos a toda a veciñanza a vir e pasar unha animada tarde de domingo”. A actuación está prevista para as 17:30 horas.

Exit mobile version