O delegado visitou o centro tras o remate dun xantar conmemorativo no que, entre outros pratos, serviuse a pescada do pincho doada de xeito solidario pola Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo e a empresa ABSA, e que rematou cun delicioso doce: o tradicional roscón de Reis.
A residencia, dependente da Consellería de Política Social acolle na actualidade 88 prazas de residenciais e 40 máis no centro de día. Para celebrar unha data tan sinalada neste centro de referencia na Mariña o seu equipo directivo programou unha completa xornada festiva pensada para os usuarios e os seus traballadores.
O delegado lembrou que a Xunta traballa co compromiso máis grande da última década en materia de gasto social e inversión en infraestruturas sociais. Neste senso destacou que un de cada cinco galegos é maior de 65 anos, isto é, o 21% da nosa poboación de aí a importancia de visibilizar o papel que xogan os nosos maiores na nosa sociedade.
Tamén apuntou que un dos pilares do estado de benestar é garantir a calidade de vida dos nosos maiores e todos os esforzos que se fan neste eido son unha prioridade para o goberno da Xunta.
Así mesmo, Balseiro salientou que o Goberno galego seguirá atendendo e coidando cada día máis das persoas maiores. Neste sentido, asegurou que a Xunta traballa na elaboración dun novo plan contra a soidade non desexada que permita achegarlles programas de atención a estas persoas como o Servizo de Axuda no Fogar, o programa Xantar na casa ou o autobús de coidados porta a porta.