Site icon Crónica3.com A Mariña

Cabalgata de Reis de Burela

 Burela, 3 de xaneiro, 2020. Dende a Sociedade Cultural Ledicia iniciamos o Nadal compoñendo unha árbore da aldea ideada por CCA Burela cos adornos realizados pol@s nen@s da escola de baile e música da asociación e cunha visita do grupo á Residencia de Maiores de Burela; e remataremos con visitas aos centros de AFAN e Coidando de Vos, para disfrutar coas persoas que a eles acoden dunha xornada previa á chegada dos Reis Magos (xa que o día 5 estarán pechados por ser domingo)

Informamos tamén que o vindeiro domingo 5 de xaneiro a Cabalgata de Reis de Burela partirá ás 7 da tarde dende a Rua do Ril, pasando por Arcadio Pardiñas, Eijo Garay, Rosalía de Castro, Curros Enriquez e Pardo Bazán; rematando o percorrido cunha visita ao Belén Vivinte instalado na carpa da Praza da Mariña, onde as Suas Maxestades recollerán os encargos de nen@s e maiores; e previamente visitarán a Residencia de Maiores, e a zona infantil do Hospital da Costa.
Coa chegada da cabalgata á plaza, poderase disfrutar da Rosconada organizada por CCA BURELA, que contará con interesantes premios e sorteos

A Cabalgata está organizada por Ledicia, co patrocinio do Concello de Burela e a colaboración de Sala-5 que engadirá unha novidade ao tradicional desfile.

Aproveitamos o momento para desexar un Feliz 2020 a veciños e visitantes e agradecer o traballo desinteresado dos colaboradores nas distintas actividades

Exit mobile version