
Mondoñedo, 2 de xaneiro, 2020. O vindeiro domingo, 5 de xaneiro, Os Reis Magos madrugarán para chegar a Mondoñedo onde a partir das 09.00 horas da mañá percorrerán as parrroquias da Cidade. Xa pola tarde a partir das 16.30 horas da tarde, acompañados polos seus paxes e os respectivos séquitos e custodiados póla Banda de Tambores da Escola Municipal de Música de Mondoñedo, dirixiranse como é costume en primeiro lugar ao Hospital de San Pablo. Acto seguido as súas Maxestades achegáranse ao Asilo de anciáns onde novamente serán recibidos con moito entusiasmo e cariño.
Dúas carrozas preparadas para a ocasiòn, agardarán pola comitiva e partirán ás 18.30 horas dende a Alameda dos Remedios para percorrer as principais rúas da Cidade remantado o desfile no Auditorio Municipal Pascual Veiga ás 19.30 horas, onde as súas Maxestades recibirán a tod@s @s nen@s da cidade. Posteriormente na Praza do Concello a partir das 20.30 horas haberá unha chocolatada organizada pola Asociación O Pasatempo.