Site icon Crónica3.com A Mariña

Cami regresa ao fogar laranxa

 Burela, 3 de xaneiro, 2019. A brasileira Camila Gadeia Silva regresa ao fogar laranxa. A peche, que defendeu o Pescados Rubén Burela FS nas dúas últimas tempadas, volve ao vestiario das Guerreiras despois de seis meses no seu país, onde conseguiu o Campionato Paulista e de Xogos Universitarios co São José, ademais de alzarse co título de Copa Amércia con Brasil, xunto a Cilene.

O club burelista está á espera da documentación necesaria para formalizar a contratación de Cami (São Paulo, 1990), que xa chegou á Mariña para pasar as datas de Nadal.

Exit mobile version