Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG Burela demanda ao equipo de goberno que tome xa medidas no tema do empadroamento

Burela, 26 de xaneiro, 2020. Dende Compromiso por Galicia Burela, imos solicitar a realización dunha campaña de empadroamento no noso Concello. Entendemos que se superan con creces os 9.588 habitantes que figuran no censo. É función e competencia do Concello velar polo correcto cumprimento do padrón. Existe un número importante de veciños que non están censados, cuestión que é irregular e que merece un tratamento por parte do Concello.

É preciso tamén unha campaña de beneficios de carácter xeral por estar censados no noso Concello de xeito que se estimule a normalidade na situación. O Concello ten que facer un esforzo por unha discriminación positiva para aumentar a nosa poboación e reflexar mellor a realidade.

Entendemos que se pode e debe superar a barreira de 10.001 habitantes para unha mellor xestión do Concello.

Solicitaremos que a campaña vaia en varios frontes: beneficios por estar empadroados, campaña pública e vixilancia do cumprimento.

Exit mobile version