Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG de Burela dubída da necesidade do pleno extraordinario que anunciou o Alcalde para o xoves 16, podendo facer o de organización completo

 Burela, 15 de xaneiro, 2020. Vimos asistindo a unha negociación “rara” entre o PSOE e o BNG en Burela, na que ao parecer o problema principal son o reparto dos salarios. A situación fai que o Sr. Alcalde apure os prazos á espera do apoio do BNG. O que xa non é tan normal é que se convoque un pleno extraordinario para a toma de posesión dun concelleiro o Sr. Ramiro, podendo facer iso mesmo no pleno de organización de cinco días despois.

Ou facer o pleno de organización este mesmo xoves, tamén sería unha opción, mais a realidade e que este pleno de toma de posesión vai costar cando menos 800 euros en dietas para 10 min.

Dende CxG Burela reclamamos dos grupos do Concello a doazón das retribucións a un fin social, para dar un pouco de exemplo de xestión, e pedimos aos membros do PSOE menos frivolidade cos cartos de todos os veciños.

EXECUTIVA LOCAL DE CxG BURELA

Exit mobile version