Site icon Crónica3.com A Mariña

En Marea Mondoñedo manifesta a solidariedade coa veciñanza de Santa María Maior ante as continuas mentiras e fallas de respecto do Concello de Mondoñedo cara esa parroquia

 Mondoñedo, 10 de xaneiro, 2020. O Concello de Mondoñedo ven de rexeitar no pasado exercicio de 2019 unha subvención da Xunta de Galicia para “Rehabilitar as antigas vivendas de mestres, doutros oficios e demais edificios de vivendas de titularidade municipal” ( Proced. VI422F) por un importe de 25.826,01 €, concedida pola Dirección Xeral do IGVS en data 08/07/2019.
O citado edificio está a destinarse como centro de reunións comunitario e nó mesmo tamén se imparten cursos de actividades culturais e deportivas nó que participan activamente numerosas persoas desta parroquia. Seu estado non é o máis axeitado dende o punto de vista de salubridade nin de decoro, polo que a rehabilitación dó mesmo supón un importante valor engadido para as actividades comunitarias.
Nó pasado período electoral, o Partido Popular prometeu o arranxo destas instalacións, e así fixo a solicitude da subvención , pero posteriormente rexeitouna sen ningunha explicación a veciñanza.
Este feito só pode entenderse dentro de unha política de fraude , de promesas incumpridas e de desprezo absoluto cara a cidadanía. O único interese que ten a Xunta de Goberno, tal e como leva demostrando reiteradamente é facer unha política de falsa publicidade , cara a galería, que despois non é capaz de reflectir en feitos.
As súas verbas de apostar polo rural son fume que se disolven na realidade a hora de levalas a práctica e o único que amosan é unha incompetencia e inutilidade manifestas.
Dende En Marea Mondoñedo, queremos lembrarlle que os veciños de esta parroquia inda están esperando dende o 3 de xullo de 2018 , que o goberno de Elena Candia leve a cabo a súa promesa da Declaración Institucional desa data na que comprometían a “ nó que atinxe a camiños públicos continuar con axilidade e contundencia os expedientes iniciados para a reparación dos mesmos”. A día de hoxe, as xuntanzas prometidas ( mensuais ou bimensuais) foron CERO.
O colmo da vergoña allea é que temos que ler na prensa como o Partido Popular, presidido na provincia de Lugo por Elena Candia, faise eco de que “Burela vai perder as subvencións da Xunta por erros nas contas”. ( Xornal dá Mariña 03/01/2020).
Ante este esperpento continuo que o único que fai é ir en contra dos intereses do conxunto da cidadanía, exiximos que o Partido Popular se poña a traballar por Mondoñedo, a cumprir súas promesas, a interesarse polo benestar dos seus veciños e que deixe de enganar e mentir reiteradamente.
Os programas de goberno están para ser cumpridos, e non para ser utilizados en datas electorais só para gañar votos.
Este goberno incompetente xa non ten credibilidade ningunha e o único que aspira é a manter unha gran cortina de fume e de falsa publicidade pero xa van moitas trolas, e xa non cola.

Exit mobile version