Site icon Crónica3.com A Mariña

Este venres arrinca unha nova edición do Campañazo que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz. En xogo haberá 2.400 euros en premios, 600 cada venres ata finais de mes

 Foz, 9 de xaneiro de 2020. O Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha nova edición do Campañazo, que se desenvolverá os venres 10, 17, 24 e 31 deste mes de xaneiro. En total poñeranse en xogo 2.400 euros en vales de compra. Na cita participan 40 establecementos focenses.

Os sorteos realizaranse a partir das 23:00 horas a través de Radio Foz (107.4 FM) en directo. Para participar hai que seguilos desde algún dos locais hostaleiros participantes e desde alí chamar a Radio Foz para cantar o premio. Desde o CCA lembran que “a primeira persoa que cante premio recibirá 300 euros en vales de compra para gastar nos establecementos que se dan cita nesta campaña e entre o resto de participantes con cartóns premiados repartiranse outros 300 euros en vales”.

Os establecementos comerciais participantes neste Campañazo de xaneiro do CCA focense son Alain Afflelou Óptico, Asesoría Marcos Fernández, Casa Moreda, Cenor Belianorte, Centro Óptico Eliseo, Construcciones y Canalizaciones José Saa, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Din&Don, Don Zapato, Electricidad Núñez, Estación de Servicio Foz, Estanco Nº 2 (García Lorca), Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Kukadas, La Flor Abulense, Librería Bahía, Lourdes Moda Íntima, María Docampo, MRW, N1 en Zapatillas Foz, Ofifoz, Pastelería Anduriña, Salai Campo, Suministros Veipa, Vagaluz e Viajes Rodríguez.

E os establecementos hostaleiros son: A Viela, Acuario, As Brasas, Casa Damián, Happy Days, O Lar, Pizzería Xoíña, Restaurante Dandy, Tangarte Mariñeiro, Xoyma e Yoglio.

Exit mobile version