Site icon Crónica3.com A Mariña

Galicia contará nas súas filas con tres xoias Laranxas na fase previa do Campionato de España Sub-19 de Seleccións Autonómicas que se disputará en Extremadura entre o venres e o domingo

Xunto a Jorge Quelle e Renato Rodrigues, que se estrearon onte en competición oficial co equipo sénior no pase a cuartos de Copa do Rei ante O Parrulo FS (7-1), tamén defenderá a irmandiña o meta Bruno García. Os xuvenís do Pescados Rubén Burela FS adestrarán esta tarde en Lugo antes de partir coa expedición rumbo a Navalmoral de la Mata. País Vasco, Melilla e Estremadura serán os rivais a bater para facerse co pase á fase final.

Exit mobile version