Site icon Crónica3.com A Mariña

III Semana da Prevención de Incendios

 Cervo, 23 de xaneiro, 2020. As xornadas de prevención de incendios foron inauguradas este xoves na Praza do Concello de Cervo. Entre hoxe e mañá, participarán nas diferentes actividades máis de 600 escolares de toda A Mariña.

No dia de hoxe contamos coa presenza do CEIP de Cervo, do CEIP Fondo Nois e do CEIP Pedro Caselles Rollán, de Xove.

Os pequenos puideron coñecer de primeira man os medios de extinción e de salvamento do Concello de Cervo, asistiron a unha simulación de incendio dentro da chamada “casiña de fume”, que é unha estrutura inchable, duns 400 metros cadrados de superficie, que se enche de fume inocuo –xerado por xeo- para explicar aos menores como realizar unha evacuación en caso de incendio. Ademais, visualizaron proxeccións didácticas protagonizadas por debuxos animados centradas nos protocolos de evacuación dos centros escolares en caso de risco; entre outras actividades.

Mañá ás 10:00 horas, retomarase a actividade, coa visita do CEIP Península da Paz. A esa mesma hora o rexedor, Alfonso Villares, visitará as instalacións acompañado por Francisco Javier Barreiro, representante da Fundación MAPFRE, e Carlos García Touriñán, vicepresidente da Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros (APTB), que promoven a actividade en colaboración co Concello de Cervo.

Exit mobile version