Site icon Crónica3.com A Mariña

O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, presidirá a comisión de integración e cohesión social da FEMP

 Cervo, 23 de xaneiro de 2020.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, vén de ser nomeado presidente da Comisión de Integración e Cohesión Social da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias).
O rexedor, que participou hoxe en Madrid nunha reunión do coordinación, explicou que esta área ten como principal obxectivo a posta en común dos modelos de xestión en materia de inmigración dos diferentes concellos.
A actividade que desenvolveremos –engadiu- “está orientada a xerar espazos de reflexión e encontros que impulsen e favorezan o intercambio de experiencias que faciliten a inclusión social, preveñan situacións de risco e promovan a convivencia cidadá na contorna local”.
Villares precisou que este nomeamento é moi positivo porque “incrementará o peso e a visibilidade de Cervo dentro do conxunto das entidades locais, xa que xogará un papel relevante dentro desta Federación que aglutina a todos os concellos de España”
O alcalde quixo agradecer especialmente o apoio do Partido Popular que “propuxo unha vez máis a Cervo para encabezar unha Comisión da FEMP, xa que a anterior lexislatura presidimos a Comisión de Medio Ambiente”.

Exit mobile version