Ademais no parque de San Francisco leron un manifesto e soltaron globos mentres interpretaron a canción Color esperanza.
O texto do manifesto é o seguinte:
A comunidade Educativa do Colexio Sagrado Corazón queremos celebrar o DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.
RECOÑECEMOS:
Que a PAZ non é a ausencia de guerras, senón a ausencia de inxustizas, tanto económicas como sociais ou culturais.
Que non haberá PAZ se non freamos o cambio climático. Se non apostamos por enerxías non contaminantes nin fomentamos un consumo sostible e responsable.
Non haberá PAZ mentres continúe habendo mulleres asasinadas pola violencia machista.
Non haberá PAZ mentres sigan chegando ás nosas costas cadáveres de persoas que na súa viaxe perderon a ilusión e o seu proxecto de vida.
A PAZ consiste en derrubar os muros da incomunicación, do illamento, do desprezo e do abandono ao que se vén sometidas moitas persoas a carón de nos.
A PAZ non é so un día de xaneiro. A PAZ constrúese día a día. Todos nós temos que traballar para convivir en PAZ no noso colexio, nas nosas familias e na nosa vila.
Sabemos que é posible un mundo en PAZ se cada un de nós pon un pouco da súa parte.
Por iso COMPROMETÉMONOS a:
RESPECTAR a todas as persoas sen admitir nin a discriminación nin os prexuízos.
PRACTICAR A NON VIOLENCIA ACTIVA, rexeitando a violencia en todas as súas formas: física, sexual, psicolóxica, económica e social, en particular cara ós máis débiles e vulnerables.
FAVORECER O COMPAÑEIRISMO e liberar a nosa xenerosidade: compartir o noso tempo e os nosos recursos para rematar coa exclusión , a inxustiza e a opresión.
ESCOITAR PARA COMPRENDER: defender a liberdade de expresión, a diversidade cultural favorecendo sempre a escoita e o diálogo, sen ceder ante o fanatismo.
PRESERVAR O PLANETA: Promover un consumo responsable e un modo de desenvolvemento que teña en conta todas as formas de vida e o equilibrio de todos os recursos naturais.
RE INVENTAR A SOLIDARIEDADE: Contribuír ó desenvolvemento da nosa comunidade, facendo posible a plena participación de todos e todas, e o respecto aos principios democráticos.
FACER VISIBLE A PAZ, esforzándonos para que no noso colexio e na nosa vila exista una boa relación entre todos nós.
A PAZ É TAREFA DE TODOS, OUTRO MUNDO É POSIBLE.
BO DÍA DA PAZ !!!!!