Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo ven de sacar a licitación as obras de arranxo do camiño que desde a estrada LU-131 dá servizo os barrios de Saa e Somo, na parroquia de Covelas

Ribadeo, 3 de xaneiro de 2020. O Concello de Ribadeo ven de sacar a licitación polo procedemento aberto simplificado e por un importe de 58.436,87 euros as obras de arranxo do camiño que desde a estrada LU-131 dá servizo os barrios de Saa e Somo, na parroquia de Covelas nunha lonxitude total de 1 quilómetro.
O concelleiro de Medio Rural, Jesús Mundiña, explicou que “as melloras consisten en afirmado cunha capa de zahorra artificial, limpeza de cunetas e corredores, obras de fábrica, firme de aglomerado en quente e de formigón así como a sinalización horizontal e vertical”.
O edil nacionalista dixo que “as empresas interesadas na execución desta obra teñen un prazo de 20 días naturais para presentar as ofertas. O prazo de execución será de dous meses”.
Mundiña subliñou que “coa licitación desta obra o Concello de Ribadeo continúa actuando nas infraestruturas viarias do rural, estando a punto de rematar as melloras en camiños que cunha lonxitude total de 12,5 quilómetros foron iniciadas no pasado ano e que dan servizo a 17 núcleos rurais de 11 parroquias por un importe de mais de medio millón de euros”.

Exit mobile version