Site icon Crónica3.com A Mariña

O Hotel Vila do Val organiza as xornadas do cocido do 24 de xaneiro ao 1 de marzo

 O Valadouro, 23 de xaneiro de 2020. O hotel Vila do Val organiza as Xornadas do Cocido que comezarán este venres e prolongaranse ata o 1 de marzo
O menú estará composto por sopa, grelos, garavanzos, patacas, carne de cocido, sobremesa caseira, café, pan, auga e viño. O prezo é de 30 euros por comensal.
As persoas interesadas en degustar este típico prato, característico destas datas, deben facer previamente o encargo chamando ao 982 57 16 53.
A xerente do hotel Vila do Mal, María Hermida, anima a participar nesta tradicional cita gastronómica que desde hai anos organiza o establecemento, con moi boa acollida por parte dos seus clientes habituais e visitantes.
María Hermida destaca que “no hemos querido faltar a nuestra cita con el Carnaval, ofreciendo un año más estas jornadas, que son ya un clásico entre nuestras propuestas. Hace frío y qué mejor que disfrutar acercándose a Ferreira do Valadouro a gozar de un exquisito cocido”.

Exit mobile version