Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pide explicacións dos autobuses gratis para asistir á Festa, que pregonou este sábado á alcaldesa de Lugo, en Foz

Luns 20 de xaneiro de 2020.- O concelleiro do Grupo Popular Rafael Pérez pedirá que o bigoberno aclare cales son os criterios para decidir que viaxes gratis patrocina. Dende o PP queren saber “en base a que cuestións a alcaldesa decide patrocinar esta viaxe”. Entre outras cuestións os populares queren coñecer cantos autobuses se pagaron e a que empresa e o número de asistentes.

Para Rafael Pérez está claro que a alcaldesa animou aos veciños de Lugo a viaxar gratis ao pregón da festa do Berberecho de Foz porque “preveía que houbese pouca xente para aplaudila que tivo que carretala dende Lugo”.

Os populares pregúntanse se non sería máis productivo poñer autobuses de balde para achegarse ás festas patronais das parroquias de Lugo e así permitir que todos os cidadáns coñezamos a riqueza natural e patrimonial que hai no noso rural.

Por último o concelleiro popular reflexionou “mentres a alcaldesa de Lugo estaba cos seus fans en Foz, transportados de maneira gratuíta polo Concello, en Lugo ningún responsable municipal se ocupaba dunha avaría que deixou sen auga aos veciños de Marqués de Ombreiro e o seu entorno”.

Exit mobile version